lunes, 23 de noviembre de 2015
Campo a través na Macoca
Pazos de Reis foi o lugar escollido nesta tempada para o inicio da campaña de deporte escolar co sempre tan agardado campo a través que consegue reunir a unha gran cantidade de colexios e asociacións deportivas da zona do Baixo Miño e de Vigo.
O gran ambiente deportivo presente, permitíu o disfrute dos nenos/as e do público. Esta actividade supón unha oportunidade máis para acceder ó deporte e descubrilo, lembrarvos que este foi o inicio na zona des destacados atletas, as internacionais Leticia Fernández e Uxía Pérez e os nosos exalumnos medallistas en campionatos de España e de Galicia; Roi Rodríguez, Iria Rodríguez e Eva Cid.
Noraboa a tódolos nenos e nenas do centro, que correron xenial, e moi especialmente ó equipo alevín masculino composto por Iker, Jorge, Fabián, Adrián e Hossuam que co esforzo conxunto acadarón o terceiro posto por equipos do podio, noraboa a Uxía Rodríguez (atl. Porriño) 3ª alevín feminina que parece que segue os pasos dos seus irmáns.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario