viernes, 6 de junio de 2014

MIGUEL G.

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

CARLA C.

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

KIYA

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

ÁNGEL

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

OLALLA

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

CARLA L.

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

CANDELA

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

CARMEN

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

GUILLERMO

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

lunes, 2 de junio de 2014

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO

Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convovan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en E.P., E.S.O. ou Educación Especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 14/15.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE  LIBROS DE TEXTO  para o curso 14/15.

Exclusivamente libros de texto(non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).  Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.
O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).
Para o alumnado de 1º, 2º, 3º 4º 5º e 6º de E.P.  (Alumnado que repita 4º e/ou 6º curso non ten  dereito a axuda).
O prazo remata  o 2 de xullo. As axudas son de 170 ou 90 euros segundo  renda per cápita familiar no ano 2012.
Familias monoparentais:
Renda per cápita familiar ata 6000 euros: 170 euros
Renda per cápita familiar desde 6000,01 ata 9000 euros: 90 euros.
Resto das familias:
Renda per cápita familiar ata 5400 euros: 170 euros.
Renda per cápita familiar desde 5400,01 ata 9000: 90 euros.

*Para calcular a renda hai que sumar os recadros 455 e 465 e dividir entre os membros da familia. (Se hai algún membro con discapacidade igual ou superior ao 33 % con pensión por incapacidade ou coa condición de pensionista computarán por dous). No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar.

DOCUMENTACIÓN
- Cubrir solicitude Anexo I (Pódese recoller na Secretaría do centro)
- Fotocopia libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar fora diferente en día 31 de decembro de 2012 documentos que o acrediten. Certificado de empadroamento ( no caso de que existan outros membros que non figuren no libro de familia).
-        No caso de discapacidade, documentación que o acredite.
-        No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

A instancia  xunto coa documentación entregarase no centro.

Para máis información podedes visitar o seguinte enlace   http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria  

Para descargar os impresos facer clic AQUÍ.

FROITA NA ESCOLA








Volve a froita ó noso cole!!
 Durante esta semana máis a que vén teremos froita no recreo gracias á actividade "Aliméntate Ben".

lunes, 19 de mayo de 2014

ACTIVIDADE DE BADMINTON


 
O cole de Sobrada ten unha boa canteira de deportistas, e que estos nenos e nenas dan o mellor en cada unha das competicións nas que participan.
O pasado 10 de maio asistimos a unha competición de bádminton a Ponteareas, logo de clasificarse entre os mellores xogadores da zona Baixo Miño. Desta vez o xogo foi por equipos, 5 xogadores enfrontanse a outros 5 xogadores doutro centro ou clube.
Entre todos conseguiron manter a emoción e a intensidade ata o último dos partidos no que se decidía  o pase a seguinte fase que desta vez escapouse por moi pouquiño.
Noraboa a todos e todas por ese meritorio terceiro posto.

jueves, 15 de mayo de 2014

FROITAS NA ESCOLA


Dentro do Plan Proxecta, chegou ó noso centro o programa solicitado de "Aliménta-T Ben " coa modalidade de "Froita na Escola".

martes, 13 de mayo de 2014

PENÉLOPE

Este é o derradeiro mes do noso PDI. Comezou no mes de outubro con ENFIANDO FIOS, da man dunha  muller que tamen nos falaba de "Penélope" e rematamos no mes de maio a través da poesía de mulleres que reivindicaron esta personaxe da mitoloxía, mostrándonos as suas visións en ENFIANDO CORES.
Xosé Díaz Castro, empapouse da Penélope Rosalía de Castro, da Galicia Penélope.
A Penélope de Xohana Torres é a da reivindicación, a da acción, amosa que Penélope non espera, ela é a dona do seu destino e pasa a acción.
A de Carmen Blanco, prosegue na súa incansable teima de vivir ... PORQUE ESTÁ VIVA E ACTUA!
A de Olga Novo é a da Igualdade. Cos mesmos dereitos O ÚNICO TECIDO QUE IMPORTA  É O DA LIBERDADE.
Que vos parece si facemos un pequeno percorrido?...Vos deixamos uns enlaces por si queredes  investigar un chisco


                                                                                      











O ÚNICO TECIDO QUE IMPORTA É O DA LIBERDADE

lunes, 12 de mayo de 2014

PENÉLOPE, O POEMA MÁIS EMBLEMÁTICO DO POEMARIO "NIMBOS" DE XOSÉ MARÍA CASTRO

Neste vídeo elaborado polo CEP MARCOS DA PORTELA, poderedes comprender mellor o poema "PENÉLOPE". Con música do grupo "Madredeus" e imaxes que describen a perfección as ideas dos distintos versos do autor.