Orde do 28 de
maio de 2014 pola que se convovan axudas para a adquisición de libros de texto
destinadas ao alumnado matriculado en E.P., E.S.O. ou Educación Especial, en
centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 14/15.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE
LIBROS DE TEXTO para o curso 14/15.
Exclusivamente libros de
texto(non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico
nin complementario). Non
obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña
recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os
libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en
cada caso.
O
alumnado ten a obriga de conservar en bo
estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao
importe das axudas, así como incorporalos,
ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no
centro (banco de libros).
Para o alumnado de 1º, 2º,
3º 4º 5º e 6º de E.P. (Alumnado que repita 4º
e/ou 6º curso non ten dereito a axuda).
O
prazo remata o 2 de xullo. As axudas son
de 170 ou 90 euros segundo renda per
cápita familiar no ano 2012.
Familias monoparentais:
Renda per cápita familiar
ata 6000 euros: 170 euros
Renda per cápita familiar
desde 6000,01 ata 9000 euros: 90 euros.
Resto das familias:
Renda per cápita familiar
ata 5400 euros: 170 euros.
Renda per cápita familiar
desde 5400,01 ata 9000: 90 euros.
*Para
calcular a renda hai que sumar os recadros 455
e 465 e dividir entre os membros da familia. (Se hai algún membro con
discapacidade igual ou superior ao 33 % con pensión por incapacidade ou coa
condición de pensionista computarán por dous). No caso de non presentar
declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables
da unidade familiar.
DOCUMENTACIÓN
-
Cubrir solicitude Anexo I (Pódese recoller na Secretaría do centro)
-
Fotocopia libro de familia na que figuren todos os membros da unidade
familiar. No caso de non ter libro
de familia ou se a situación familiar fora diferente en día 31 de decembro de
2012 documentos que o acrediten. Certificado de empadroamento ( no caso de que
existan outros membros que non figuren no libro de familia).
-
No caso de discapacidade, documentación que o acredite.
-
No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar:
documentación acreditativa.
A instancia xunto coa
documentación entregarase no centro.
Para máis información podedes visitar o seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria
Para descargar os impresos facer clic AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario