lunes, 11 de marzo de 2013

CAS MANS NA TERRA


CAS MANS NA TERRA - foto montaje

Despois de ter visitado o Viveiro Vidaplan tivemos ocasión de plantar cas nosas propias mans tomillo, orégano, menta, menta-chocolate e outras moitas plantas aromáticas. Cada neno e cada nena escolleu unha plantiña que teremos que coidar nas nosas aulas e que ao final de curso levaremos para cadansúas casas. 

VISITA AO VIVEIRO VIDAPLAN


VISITA AO VIVEIRO VIDAPLAN - foto montaje

Os nenos e nenas de Infantil fixemos unha excursión ao Viveiro Vidaplan que se atopa preto do noso colexio. 

O día non podía estar mellor para facer esta excursión, xa que tivemos un día soleado, que nos permitiu ir andando dende o noso cole ata o viveiro. 

Á nosa chegada nos atendeu José, explicounos que o tipo de plantas que cultivan é planta ornamental, despois mostrounos todas as naves e nos foi explicando os tipos de rego, os nomes das plantas, como ventila e abrigan,  como se lle dá o abono...

En fin, que aprendemos moito e todavía nos quedaba a actividade que fixemos ao día seguinte.

domingo, 10 de marzo de 2013

EXCURSIÓN DE COMPRAS POR TUI


VISITAMOS O FROIZ - foto montaje

As nenas e nenos de infantil fixemos unha excursión a Tui e visitamos o Froiz e máis o Mercado Municipal. No Froiz nos explicaron todos os espazos nos teñen dividida a tenda: pescadería, carnicería, charcutería, frutería, panadería e pastelería, así como a colocación dos productos nas diferentes estanterías. Despois de ter disfrutado moito coa visita ao Froiz, onde nos atenderon de maravilla, fumos dando un paseo ata chegar ao Mercado Municipal de Tui, e alí puidemos ver moitas carnicerías, pescaderías, fruterías....

jueves, 7 de marzo de 2013

HIDROFÚTBOL

DANIEL GONZÁLEZ ÁLVAREZ

XOVES, 7 DE MARZO DE 2013

ACTIVIDADE: PREFIXO E SUFIXO ARBITRARIO

Hai uns anos, había un neno en Sobrada que lle gustaba moito xogar ao hidrofútbol. O neno chamábase Daniel. Vivía nunha sochoza moi fea porque tiña moi pouco espazo.  

Un día os seus pais Daniel e Sonia, como Dani aprobou todas as asignatura no hidrocolexio lle dixeron: “Moi ben podes ir ao F.C.Barcelona do hidrofútbol”. El só pensou… “serei o mellor xogador de hidrofútbol do mundo”. Antes de que chegara o seu primer partido creou unhas botas de hidrofútbol chulísimas, as chamou Messidroide, pero… cando chegou o hidropartido as botas estropeáronse e caiuse, pero por supersorte o seu entrenador Tito Vilanova tiña as botas chamadas Messi3000 e xogou xenial foi o mellor xogador do partido, preguntoulle cunha cariña triste ao seu entrenador se llas regalaba e el dixolle: “se sigues así de ben poderás quedarte con elas”.  

Aos seus pais lles gustou moito a actitude do seu entrenador e entón preguntáronlle a Dani: “ao final gustóuche o equipo eh?” e o neno respondéulles: pois claro que sí”. Desde ese momento chamáronlle o superohidrofutbolero.




O TESOURO PERDIDO

ALEXIA DURÁN DIZ
MÉRCORES, 6 DE MARZO DE 2013

ACTIVIDADE: PREFIXO ARBITRARIO

Erase unha vez unha nena chamada Elisa á que lle gustaban moito as aventuras. Era unha rapaza de altura media co pelo castaño.


Nun día subsoleado no mes de xullo do 2004 ás cinco da madrugada, Elisa espertou, vestiuse, calzouse e colleu a súa mochila azul con debuxos de animais. Baixou as escaleiras, saliu pola porta e foise correndo antes de que os seus pais se espertasen e se enfadasen con ela. Chegou ata unha parada de bus, parouse e colleu rumbo á illa deserta e despois de tres días chegou á illa. Parecía que se coñecía a illa enteira de palmo a palmo. Cruzou o bosque e atopou unha cova, sacou a súa mochila unha lanterna e dixo "imos alá". Entrou correndo na cova ata a saída e ao sair chegou a un coliseo casi destruido. Entrou e viu que era grandísimo onde lle esperaba unha amiga moi mona chamada Desta.


Despois comezaron a excavar durante dúas horas e media, pero non atoparon nada e o intentaron noutro sitio durante outras agotadoras dúas horas, pero nesta ocasión sí atoparon algo e ela dixo: "que será iso?" o sacaron e viron que era  un gran tesouro. Elisa púxolle o nome ao tesouro: "O tesouro da illa deserta". Despois foise a súa casa con Desta e o tesouro donouno a unha fundación chamada Cruz Vermella e dende ese momento quedouse moi feliz na súa casa ca súa familia e Desta, a mona.

miércoles, 6 de marzo de 2013

TEATRO CAIXANOVA HAPPY EVER AFTER

Os nenos e nenas de 1º ciclo fomos de excursión o pasado día 5 de marzo a Vigo. Saímos ás 10.30 horas do cole. Ao chegar, xogamos un pouco na alameda e logo, disfrutamos da obra de teatro HAPPY EVER AFTER. Esta obra está ambientada nos contos clásicos, na que un Príncipe busca unha princesa para casar e atópase con Branca Neves, Rapunzel e ademais cunha malvada bruxa. Os nen@s disfrutaron moitísimo, incluso Uxía e Santi tiveron a oportunidade de subir ao escenario cos artistas da obra, facendo o papel dos sete ananos xunto con outors nen@s doutros coles. Os artistas da obra fomentaron a participación dos nen@s a través da lingua inglesa, ademais de disfrutar do propio teatro.

teatro caixanova from ceip sobrada on Vimeo.

PRIMEIRA PEQUEHISTORIA DO PROA LINGUA

Miguel Galloso González e Jorge Martínez Mariño (Grupo de 5º)

ACTIVIDADE DE LENGUA: PREFIXO ARBITRARIO

Mércores 6 de marzo 2013

    Hai moito, moito tempo había en Xapón un neno ao que lle gustaba moito o contrafútbol. Este neno chamábase Nacaragua. 
    Vivía nunha arquicasa moi chula, ata que un día no seu corpo sucedeu algo moi raro. Pensou que se tiña convertido nun superfutbolista intergaláctico e tivo unha boa idea: “Poderíame volver o mellor contrafutbolista do mundo se fose ao espazo”. 
    Dez anos despois da maravillosa idea que tivo decidiu ir xogar ao espazo contra os mellores xogadores intergalácticos. 
    Xogou contra eles e quedaron empatados. O equipo intergaláctico de Nacaragua quedaron 4 a 4 e o equipo de David quedaron empates contra o equipo de Nacaragua. E despois do partido o equipo de David e o de Nacaragua ao chegar á terra formaron o equipo de Nadivusu e gañaron en todos os campionatos e torneos nos que competiron. 
   Eran os supermixmellores!!.

martes, 5 de marzo de 2013

CONCURSO ECOVOZ


ECOVOZ from ceip sobrada on Vimeo. Alumn@s de 6º fomos a concursar a Radiovoz Vigo. Fixéronnos preguntas sobre coñecemento do medio e competimos contra o colexio Fogar de Carballo.Ó final tivemos sorte e clasificámonos para os cuartos de final. Esperemos que teñamos a mesma sorte.

domingo, 17 de febrero de 2013

DESFILE E ACTUACIÓNS DE ENTROIDO

A continuación, deixámosvos cos videos do FESTIVAL DE ENTROIDO que tivo lugar no patio do colexio de Sobrada o pasado venres 8 de febreiro. O desfile de comparsas no que participou todo o cole lucindo o seu disfrace, as marabillosas actuacións coas que nos deleitou cada ciclo e a queima do Meco. Se non puideches asistir, agora tes a oportunidade de poder velo! Fixérono xenial!

 DESFILE DE COMPARSAS:                                                                
DESFILE ENTROIDO from ceip sobrada on Vimeo.

ACTUACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL:
ACTUACION INFANTIL ENTROIDO 2013 from ceip sobrada on Vimeo.

ACTUACIÓN 1º CICLO:
ACTUACION 1º CICLO ENTROIDO 2013 from ceip sobrada on Vimeo.

ACTUACIÓN 2º CICLO:
ACTUACION 2º CICLO ENTROIDO 2013 from csobrada on Vimeo.

ACTUACIÓN 3º CICLO:
ACTUACION 3º CICLO ENTROIDO 2013 from csobrada on Vimeo.

QUEIMA DO MECO
QUEIMA DO MECO from csobrada on Vimeo.

viernes, 15 de febrero de 2013

E non nos esquenzamos do Filloeiro... mmmmm

Que sorte tivemos de que o día anterior ao entroido nos visitou un filloeiro estupendo.
 

Aos alumnos de quinto parecéronnos deliciosas, e a vos?
filloas from ceip sobrada on Vimeo.
E a nós os de Infantil tamén nos pareceron espectaculares.

jueves, 7 de febrero de 2013

FESTIVAL DE ENTROIDO EN SOBRADA!

Mañá é o día!! Por fin chegou o DESFILE DE ENTROIDO DO NOSO COLE! Levamos moitos días preparando o noso disfrace para pasar unha marabillosa xornada de diversión carnavalesca!! Non volo podedes perder!!! Agradecer , por suposto, os deliciosos postres típicos que aportarán mañá as familias para a festa. Será un día sensacional! Viva o ENTROIDO!!

E aquí está o traballo dos rapaces e rapazas do 3º Ciclo, con todos vostedes: CANTAS GANGAS HAI !!!
Aqui poderás ver fotos

miércoles, 6 de febrero de 2013

PARA MAÑÁ, XOVES...

Hoxe, o noso Meco deunos a súa derradeira orde por este ano! Imos botalo de menos porque, coa súa presenza, estamos vivindo unha semana de entroido moi divertida! Para mañá estade moi atentos á súa petición:

A ver que calcetíns máis chulos traedes!!

martes, 5 de febrero de 2013

PARA MAÑÁ O MECO MANDA...



Así que vémonos mañá cun bonito antifaz de entroido!!!

lunes, 4 de febrero de 2013

LISTA DE PREMIADOS NO X CERTAME LITERARIO

Aquí tedes as listas cos gañadores e gañadoras por ciclos. Noraboa a todo@s!
Grazas a tod@s @s nen@s que participáchedes!

                                        
                                                                                                                                                                                                               

O MECO SEGUE A DAR ORDES!


Este MECO churrusqueiro, quere poñer ao colexio en forma. Mañá pantalón curto e cinta de deporte na cabeza!

viernes, 1 de febrero de 2013

CHEGOU O MECO A SOBRADA!

Como cada ano por estas datas de Entroido, apareceu o MECO no noso cole! Todo o alumnado estaba ilusionado coa súa aparición. Lembremos que este personaxe representativo do Entroido é moi particular e ordéanos vir cada día da vindeira semana disfrazados con algún elemento, prenda de roupa, maquillaxe...o que se lle antolle! Aquí tedes a ORDE DO MECO PARA O LUNS:
 
Así que xa sabedes, o LUNS temos que vir todos cun BABEIRO!