lunes, 11 de marzo de 2013
VISITA AO VIVEIRO VIDAPLAN
VISITA AO VIVEIRO VIDAPLAN - foto montaje
Os nenos e nenas de Infantil fixemos unha excursión ao Viveiro Vidaplan que se atopa preto do noso colexio.
O día non podía estar mellor para facer esta excursión, xa que tivemos un día soleado, que nos permitiu ir andando dende o noso cole ata o viveiro.
Á nosa chegada nos atendeu José, explicounos que o tipo de plantas que cultivan é planta ornamental, despois mostrounos todas as naves e nos foi explicando os tipos de rego, os nomes das plantas, como ventila e abrigan, como se lle dá o abono...
En fin, que aprendemos moito e todavía nos quedaba a actividade que fixemos ao día seguinte.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario