martes, 30 de octubre de 2018

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO

Ó longo deste mes de outubro, os nenos/as da aula de 4 anos trouxeron distintos FROITOS típicos desta estación: SECOS coma as castañas, as noces, avelás,... e CARNOSOS como as laranxas, uvas, granada,etc. Tamén observaron e manipularon follas de distintas especies como o carballo, castiñeiro, tamén as landras, piñas, cocas...Fixemos varias DEGUSTACIÓNS de froitos de outono e pasárono en grande! Estaban deliciosos!! Aquí tedes unha proba do que disfrutaron. 
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR APORTAR TANTOS FROITOS!

2 comentarios: