O alumnado de 3º de primaria participous nun proxecto de "Etwinning" chamado "This is where I live" no 2º e 3º trimestre do curso que acaba de rematar con outros colexios de Grecia,Turquía,Italia e Polonia.
Fixeron unha presentación dos países participantes, elaboraron unhas postais de pascua que se mandaron ó resto dos colexios por correo postal, despois déronse a coñecer presentando ós equipos cooperativos nos que traballan diariamente, logo presentaron o seu colexio e por último fixeron unha presentación do sitio en onde vivían, de Galicia.
Estes foron os vídeos elaborados polo noso alumnado.
PARABÉNS POR TODO O ESFORZO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario