jueves, 22 de marzo de 2018

XOGALOITA

O pasado martes 20 de marzo celebrouse no pavillón de Goián a primeira xornada de iniciación a deportes de agarre e loita. Participaron alumnos e alumnas de 4º de primaria dos colexios  de Goián, Barrantes, Tomiño,  Salceda de Caselas e Sobrada. Nos múltiples combates tiveron que poñer en practica técnicas para conseguir derrubar, expulsar ou roubar con rapidez un elemento. Cada equipo tivo unha proba común de unión de forzas e coordinación no tradicional xogo do sogatira.
Esta competición xerou  un grande interese entre os participantes nun ambiente cordial e respetuoso entre tódolos equipos.
E coma sempre agradecemos a AGRUDEBAM a organización deste evento e o seu compromiso pola promoción deportiva entre os escolares da zona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario