Neste curso propoñémonos facer especial fincapé na COEDUCACIÓN e co este lema penduramos o nobelo do que ao longo do curso sairán os fíos cos que queremos tecer unha rede escolar na igualdade de oportunidades entre os sexos.
Desenrolamos o fío e...
Rexeitando toda violencia, e por
suposto a violencia de xénero, celebramos O DÍA DO BO TRATO, e como non queremos esquecernos, entre todos creamos
as siluetas de dúas persoas cheas de mensaxes : Tratémonos ben, uns aos outros,
cada día. O fío continúa tecendo o camiño...
E camiñando, chegou o día 10 de
decembro: Día da Declaración Universal Dos Dereitos Humanos. Non podíamos
deixalo pasar, reunímonos todos ben xuntiños arredor da Árbore dos dereitos, lembramos a
orixe da declaración e os dereitos recollidos nela, dereitos de todos e todas,
dereitos que deben respectarse en todas partes e que debemos coidar e protexer.
E claro, recordamos a MANDELA, como
valorar os dereitos humanos sen homenaxear a Madiba!
Seguiremos tirando do fío...
Seguiremos tirando do fío...
No hay comentarios:
Publicar un comentario