sábado, 15 de junio de 2013

XVII XORNADA DE CONVIVENCIA


XVII XORNADA DE CONVIVENCIA from ceip sobrada on Vimeo.

O pasado 1 de xuño a nosa ANPA A Mimosa, celebrou a XVII Xornada de Convivencia. Foi toda unha demostración do aprendido nas actividades extraescolares que se levaron a cabo este curso académico: Debuxo e Pintura, Balonmán, Baile moderno, Patinaxe... Ademais había diferentes actividades lúdicas para os asistentes: Obradoiros de globoflexia, maquillaxe, material de refugallo, xogos como a petanca, a rá, a chave, a corda, aros, zancos, inchables... e como non, o 14º Concurso de biscoitos. Unha tarde chea de actividades en onde todos puidemos disfrutar dunha tarde en familia. Todo rematou cunha merendola para os asistentes.
 PARABÉNS ÓS ORGANIZADORES!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario