miércoles, 23 de enero de 2013

IRMAUS, UNHA CANCIÓN POLA PAZ

Con motivo da conmemoración do DÍA DA PAZ, que celebraremos o vindeiro 30 de Xaneiro, queremos compartir con vós esta canción do grupo "FUXAN OS VENTOS" pola paz e a tolerancia.

Camiñan o meu rente moitos homes, 
non os ceñezo. Sonme estrano. 
Pero tí que te alcontras alá lonxe, 
mais alá dos desertos e dos lagos, 
mais alá das sabanas e das illas, 
coma un irmau che falo. 
Si é tua a miña noite, 
si choran os meus ollos o teu pranto,
 si os nosos soños son iguales,
 coma un irmáu che falo. 
Anque as nosas palabras sexan distintas 
e tí negro i eu branco, 
e tendo semellantes as feridas, 
coma un irmáu che falo. 
Por enriba de tódalas fronteiras, 
por enriba de muros e valados, 
si os nosos berros son igoales, 
coma un irmáu che falo. 
Común témo-la patria, 
común a loita ambos, 
a miña amu che dou, 
coma un irmáu che falo. 
Se sintes en probeza, 
se sofres inxusticia, 
se cheo de rabexa 
encirras á cobiza 
do teu peito o can, 
pra tí chea de forza 
vai miña mau, irmán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario