viernes, 15 de junio de 2012

TORNEO BÁDMINTON EN VIGO

 Varios alumnos do colexio animámonos a asistir a un torneo organizado polo clube Rachaplumas de Bádminton que se celebraría en Vigo, neste torneo estaban invitados clubs de bábminton e tamén colexios. Participamos Evelin Benítez, Samunel Moreno e Elsa Roldan de 6º curso e Eva Roldan de 4º, o nivel de competición foi bastante elevado, Eva Roldan competiu con brillantez facendose co 4º posto, conseguindo subir ao podio, ademais acompañouna a sorte neste día, xa que no sorteo de agasallos foi agraciada cunha boa raqueta; en categoría alevín Samuel Moreno acadou a 8º posición e Elsa Roldan a 12º, Evelin a 12º posición en categoría infantil. En xeral sentímonos satisfeitos polo papel que xogamos e por poder asistir a este tipo de torneos, e practicar un deporte que nos encanta.                                       

1 comentario: