lunes, 7 de marzo de 2011

3ª receita: FILLOAS

Que mellor momento como é o ENTROIDO para preparar unhas ricas filloas?!?!?! Eso foi o que fixemos no taller de cociña cos nenos e nenas de infantil cos seguintes ingredientes: leite, fariña, ovos, sal e azucre.



Primeiro botamos nunha fonte 2 vasos de leite e pouco a pouco fumos añadindo 1 vaso de fariña ao mesmo tempo que íamos batendo ben para que non se formasen grumos. A continuación añadimos 3 ovos e unha pizca de sal, e seguimos batendo. Deixamos reposar a mezcla uns 10 minutos. Pasados eses minutos untamos unha tixola cunhas gotiñas de aceite de oliva e estendímolas cunha servilleta. Botamos un pouco de mezcla na tixola de maneira que quedase unha masa fina e que se fixera polos 2 lados.
Unha vez feitas todas as filloas botámolles por enriba un pouco de azucre e enrolámolas.

(con estas cantidades conseguimos facer unhas 15 filloas máis ou menos)

No hay comentarios:

Publicar un comentario