miércoles, 9 de febrero de 2011

2º receita: MAZAPÁNS

Con motivo dunhas datas tan sinaladas como é o Nadal, aproveitamos para elaborar coas nosas propias mans un doce moi típido: MAZAPÁN!!! Para elo, empregamos améndoas, azucre, auga, monda de limón e ovo (o auga con azucre diluído).

O primeiro que fixemos foi moer as améndoas e o azucre moi ben para despois botarlles un pouco de auga, previamente fervida cunha monda de limón. Mezclamos todo ben ata formar unha masa e fixemos bolas e formas que pintamos con ovo batido (ou auga con azucre diluído). Metímolos ao forno uns minutiños e deixámolos enfriar un bo anaco ata comelos todos!!!!!

1 comentario: