Neste curso, en Infantil, desenvolvéronse diversas actividades de dinamización da lectura, entre elas o noso “CONTA COMIGO”, no que cada semana nun día estipulado algún membro da familia do alumnado de 3 e 4 anos acudía á aula a contar un conto.
Resultou unha experiencia moi proveitosa e emotiva para os nenos e nenas e dende aquí queremos agradecer a colaboración que en todo momento recibimos por parte de pais, nais, irmáns, primos...
MOITÍSIMAS GRACIAS POR ACHEGARNOS AO MÁXICO MUNDO DOS CONTOS!
Desfrutamos moito desta actividade, é moi bonita e importante a participación das familias na nosa vida no cole, tamén nos gusta moito vernos no blogue. MOITAS GRAZAS. Rocío en representación das nenas e nenos de 3 anos
ResponderEliminarQue boa actividade e que importante é para tod@s!
ResponderEliminarHola, soy Sonia, la madre de Violeta. Me gustó mucho participar en esta actividad y a los/as niños/as se les vio encantados. Felicidades a EI por la iniciativa.
ResponderEliminarMoitísimas GRACIAS polos comentarios. Consideramos importantísimo que as familias participedes nas actividades do cole para o ben dos vosos fill@s e estamos moi agradecidas. A felicitación merécea a mestra Rocío, xa que dela partiu esta iniciativa igual que moitas outras das que tod@s puidemos beneficiarnos. Marabillosa profesional e mellor persoa.
ResponderEliminarGRACIAS, ROCÍO!