domingo, 9 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2.010: UXÍO NOVONEYRA

A Real Academia Galega decidiu adicar o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galgas 2010, ao poeta UXÍO NOVONEYRA (Parada do Courel 1930 - Santiago de Compostela 1999).
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular.
Con todo é, ao mesmo tempo, vangardista. Fillo de labradores, naceu na montaña lucense, en Parada do Caurel en 1930, e adicou a súa obra a inmortalizar a bela paisaxe da serra. Vinculado tamén ás vangardas, na súa obra destaca o lirismo da palabra.
De estudante en Lugo, coñeceu a Manuel María e ambos frecuentaron o trato de intelectuais da anterior xeración, como Luís Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro.
Con 19 anos, Novoneyra trasladouse a Madrid, onde se matriculou na facultade de Filosofía e Letras e regresou en 1951 para facer o servizo militar. Entre 1953 e 1962 volveu vivir en O Courel, obrigado por unha pleuresía que o tivo ao bordo da morte.
En 1973 casou con Elba Rei, coa que tivo tres fillos que residían entre O Courel e Lugo, para instalarse definitivamente en Santiago en 1983. O poeta foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupou até a súa morte, en outubro de 1999.

Entre as súas obras destacan: "Os Eidos", "Do Courel a Compostela", "O cubil do xabarín", "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín".
Para saber máis da súa vida e obra pincha na súa foto e accederás á súa páxina web.

O COUREL, TERRA DE UXÍO NOVONEYRA


VIDA E OBRA DO POETA

Páxina sobre o Courel:
SERRA DO COUREL
Páxina de materiais para traballar na aula:

No hay comentarios:

Publicar un comentario