miércoles, 14 de octubre de 2009

DÍA INTERNACIONAL PARA A REDUCIÓN DOS DESASTRES NATURAIS

O segundo mércores de outubro de cada ano celébrase o día internacional para a redución dos desastres naturais, instituido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1990. Este día ten como obxectivo previlos, mitigalos e lograr que esteamos preparados para enfrontalos.
O termo "desastre" fai referencia ás enormes perdas humanas e materiais ocasionadas por eventos ou fenómenos coma os terremotos, inundacións, deslizamentos de terra, deforestación, contaminación ambiental e outros. Os desastres non son naturais, senón os fenómenos que os producen.

A natureza atópase nun proceso permanente de movemento e transformación, que se manifesta de xeitos diferentes: A choiva e o vento convértense nun desastre natural cando superan un límite de normalidade medido xeralmente mediante un parámetro. Este varía dependendo do tipo de fenómeno (escala de Richter para movementos sísmicos, escala Saphir-Simpson para furacáns, etc), e de aparición extraordinaria, coma os tremores de terra, as erupcións volcánicas ou o desgaste natural do chan, que se produce pola erosión.

Outros desastres poden ser causados por certas actividades humanas, que alteran a normalidade do medio ambiente. Algúns destos son: a contaminación do medio ambiente, a explotación errónea e irracional dos recursos naturais renovables coma os bosques e o chan e non renovables coma os minerais, a construción de vivendas e edificacións en zonas de alto risco.

Os efectos dun desastre natural poden amplificarse debido a unha mala planificación dos asentamentos humanos, falta de medidas de seguridade, plans de emerxencia, etc.


PERIGOS QUE SOFRE O NOSO PLANETA

No hay comentarios:

Publicar un comentario