sábado, 21 de marzo de 2009

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Hoxe é o día mundial do Síndrome de Down. A data non é casual xa que hoxe é o día 21 do mes nº3, que nos lembra a triplicación do cromosoma 21, chamado comunmente Síndrome de Down (técnicamente non tódalas persoas con síndrome de Down teñen tres copias de dito cromosoma, pero sí a maioría). Trátase dunha alteración xenética ocasionada por un cromosoma extra no par 21 de cada célula, o que conleva uns rasgos morfolóxicos característicos e un variable grao de alteración no desenrrolo físico e intelectual.


As causas de tal alteración non son coñecidas pero cunha intervención temperá dende os primeiros meses de vida e cun axeitado e constante labor formativo e traballo pódese lograr unha sustancial mellora da condición física e un maior desenrrolo das capacidades intelectuais, favorecendo unha mellor integración e unha maior calidade de vida. A familia, os entes públicos responsables da súa atención (saúde, educación...) e a sociedade en xeral, debemos poñer todos os recursos, o interese e a actitude necesarios para que poidan converterse en cidadáns coas mesmas obligacións e dereitos ca os demais.
Os nenos, novos e adultos con Síndrome de Down non son diferentes, ainda que compartan características que os identifican. Teñen necesidades, soños e obxectivos igual que os temos nós.

PABLO PINEDA, PRIMER LICENCIADO CON SÍNDROME DE DOWN

Visitar enlace: es.wordpress.com/tag/pablo-pineda

No hay comentarios:

Publicar un comentario