O martes 22 de xuño, o último día de curso, asistimos ó espectáculo do Mago Zanas que con moito humor e simpatía ninguén quedou a salvo das bromas e sorprendentes trucos de máxia. Pasámolo xenial!!!
lunes, 28 de junio de 2021
VIDEO FIN DE CURSO 2020-21
jueves, 24 de junio de 2021
XOGOS POPULARES
Aínda que gustaríanos estar mais tempo, pasámolo xenial!!. Ata o vindeiro curso, e felices vacacións!!.
viernes, 4 de junio de 2021
CÉ ORQUESTRA PANTASMA CULTURACTIVA
A semana das LETRAS GALEGAS tamén nos visitou "Cé Orquestra Pantasma", con motivo das Xornadas Culturais e o alumnado e profesorado do centro pasámolo xenial.
VOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS E VEREDES QUE DIVERTIDA FOI A ACTIVIDADE!!!💃😌😊💃
LETRAS GALEGAS 2021
Estade atent@s para ver todo o que fixemos estes días no cole!✌😊
Fixemos unha BÚSQUEDA DO TESOURO, coa cal o alumnado o pasou xenial descifrando códigos QR que contiñan información sobre Xela Arias e manexando a tableta.
viernes, 28 de mayo de 2021
CHARLA CO METEORÓLOGO JOSÉ HIERRO.
O pasado 20 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º asistimos a unha charla por videoconferencia co meteorólogo José Hierro
Contounos cousas moi interesantes sobre a medición e predicción metereolóxica, o instrumental que empregan, tipos de mapas, rexistros e moitas curiosidades que nin imaxinábamos.
Dende o cole queremos agradecer a Pepe o seu interese por atendernos e mostrarnos a importancia da labor que realizan.
Aquí vos deixamos un anaco da interesante charla de Pepe.
lunes, 17 de mayo de 2021
Letras Galegas en ARVR
Aquí podedes visualizar un museo adicado á homenaxeada das Letras Galegas deste ano, e tamén algunha imaxe en 3D para visualizar con lentes anaglifas.
Se vos gustan, podedes visitar o blog do 3º ciclo, cabirtas, en onde atoparedes máis creacións sobre as 5 mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas e outras creacións do alumnado.
miércoles, 12 de mayo de 2021
lunes, 10 de mayo de 2021
lunes, 3 de mayo de 2021
VISITA GARDA CIVIL
O alumnado de 4º,5º e 6º asistiu este luns a unha charla sobre o acoso e o ciberacoso impartida pola Garda Civil enmarcado no Plan Director para a prevención de delitos no ámbito escolar en relación co acoso escolar e as novas tecnoloxías.
Os Axentes informaron ós alumnos sobre as consecuencias do acoso escolar e a responsabilidade de todos para combatilo así como o uso responsable das redes sociais e os perigos dun mal uso.O mércores estas charlas irán dirixidas as familias de alumnos de 5º e de 6º.
miércoles, 21 de abril de 2021
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Neste enlace poderás visualizar o resultado das nosas creacións. Esperamos que vos guste!!
miércoles, 24 de marzo de 2021
VISITA VIRTUAL DE CRISTINA FERNÁNDEZ
martes, 9 de marzo de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Co motivo do día internacional da muller, 8 de marzo, estamos realizando diversas actividades a nivel de aula e cole para reflexionar sobre a necesaria igualdade entre homes e mulleres.
Este ano quixemos facer visibles mulleres galegas con grandes logros en diversos ámbitos: cultural, científico, deportivo.. a modo simbólico fomos enchendo unha árbore cos nosos traballos de investigación sobre elas.
Próximamente poderás gozar destas creacións neste blogue.
Outras das actividades programadas para esta semana son varias charlas con mulleres que nos falarán da súa experiencia laboral dende diferentes ámbitos.
O
lúns asistimos a unha videochamada con María Herrero, Técnico Superior de Laboratorio. Na actualidade traballa como analista de laboratorio nunha das maiores empresas farmacéuticas do mundo.
jueves, 4 de marzo de 2021
jueves, 25 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro festexamos o que sería o aniversario de Rosalía de Castro. Poeta galega que naceu un 24 de febreiro do ano 1837, en Conxo, Santiago de Compostela.
Hoxe celebramos con orgullo que unha muller coma Rosalía de Castro foxe unha muller galega. Hoxe poñemos en valor a través da súa figura e das súas verbas a cultura da nosa terra.
Clica no enlace para ver o vídeo e escoitar aos reporteiros e reporteira da clase de 5º de primaria que durante varias semanas fixeron un traballo de recollida de información, sintetizando e redactando o traballo que agora comparten con todas e todos vos.
Emisión de radio na escola Rosalía de Castro
viernes, 12 de febrero de 2021
ENTROIDO 2021
Xa chegou o Entroido! Anunciamos que chegou o Entroido, malia que seguro que non precisábamos facelo, porque todos nós levamos un pouquiño de entroido dentro e encanto se achegan estas datas, xa estamos maquinando que nos pedirá o meco este ano, con que galas nos sorprenderán os nosos mestres o gran día... e ainda que nestes tempos que estamos vivindo todo é diferente, raro, o Entroido é o Entroido e podemos asegurar que a todos vos vai a arrincar un soriso o seguinte video.
Disfrutade estos días con sentidiño!!










