lunes, 5 de febrero de 2018

ORDE DO MECO PARA O MARTES

Despois do éxito de hoxe coas caras pintadas, este MECO non para de mandar, e ocurríuselle que mañá martes deberemos  vir deste xeito:

domingo, 4 de febrero de 2018

ORDEN DO MECO



Xa temos o Meco no centro anunciando que o Entroido esta preto. Xa sabedes que lle gusta moito a foliada, e que cada día da semana ordena vir ó cole dun xeito divertido. A orde deste luns é:

viernes, 26 de enero de 2018

HALLOWEEN POSTERS 1ºA

Traballo e exposición realiazada polo alumnado de 1ºA.

HALLOWEEN POSTERS 1ºB

Traballo e exposición realizada polo alumnado de 1º B.

TALLER DE IMAXE E SON


O alumnado de quinto e sexto aprenderon a facer gif animados e a modificar imaxes.

jueves, 21 de diciembre de 2017

A comunidade educativa do CEIP de Sobrada deséxavos unhas 
   FELICES FESTAS.

VISITA DE PAPA NOEL







EXPOSICIÓN DE INVERNO

Xa podedes visitar a exposición de inverno feita coa vosas aportacións, este curso a temática foi entorno a solidariedade e a paz.
Aqui vos deixamos unha mostra dos vosos traballos. Moitas grazas pola vosa colaboración. 
Saray 5º e Marcos 5º E.Bloguers

viernes, 15 de diciembre de 2017

VISITA DA GARDA CIVIL

O pasado mes de novembro dous axentes da Garda Civil visitaron o noso centro para dar unha charla sobre o bullying o acoso escolar, tamén recibimos uns consellos e recomendacións para solucinalo no caso de que tivéramos este problema.
Video realizado por Sofía e Camila 6º E. Bloguers. Texto de Emilio e Laura 6º

PLENO INFANTIL NO CONCELLO DE TOMIÑO

O pasado día vinte, toda a clase de quinto do colexio fumos a un pleno infantil no Concello de Tomiño. Conmemoramos o día dos dereitos dos nenos e nenas, que este ano tiña como temática o cambio climático na saúde dos nenos e nenas.
Realizado por Lara 5º e Olga 5º E. Bloguers.

lunes, 4 de diciembre de 2017

ROBOTICA

Os nenos de sexto comenzamos a montar uns robots para despois programalos e darlles unhas sinxelas ordenes, gústanos tanto esta actividade que desexamos que nos toque axiña outra sesión de robótica e probar cousas novas.Aqui podedes ver que concentrados estamos no noso traballo.

Video Camila e Sofía 6º E.Bloguers. Colaboran co texto Óscar e Fabián 6º

lunes, 20 de noviembre de 2017

ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS


O colexio de Sobrada estivo presente no zonal de campo a través que se celebrou o 18 de novembro nas instalacións de  O Borralliño en Salceda de Caselas,  todo un evento que logrou  reunir a 600 escolares de diversas categorías, preparados para correr e contaxiarnos do seu entusiasmo.
En xeral  todos os nenos quedaron sastifeitos coas súas carreiras. Os benxamíns cun circuito  rapidísimo para velocistas onde destacaron varios corredores  do cole; o circuito dos  alevíns e infantís mais técnico favoreceu  ós que reservaron forzas para as pendentes.
A continuación deixamos vídeos elaborados por agrudebam divididos por categorías.
 Noraboa polo voso esforzo!!!

CLASIFICACIONS                                     FOTOS




miércoles, 15 de noviembre de 2017

jueves, 9 de noviembre de 2017

CAMPUS DEPORTIVO.TOMIÑO-CERVEIRA


Os concellos de Tomiño e Vilanova de Cerveira (Portugal) organizaran conxuntamente un campus deportivo que terá lugar nas dúas fronteiras o venres 24, sábado 25 e domingo 26 de novembro.
Nestes días haberá distintas modalidades deportivas na que participarán nenos e nenas dos dous concellos. Asimesmo, haberá algunha actividade que poidan realizar en familia.
A programación consta do seguinte:
  • Venres 24 de novembro
Cerimonia de apertura do eveento con dous partidos de fútbol, amigable, entre dous equipos mixtos formados por adolescentes de Galiza e Portugal. (16:30 horas) No pavillón municipal de Vila Nova da Cerveira.
  • Sábado 25 de novembro
Actividade de orientación en familia no parque Lazer Castelinho (Vila Nova da Cerveira) de 10:15 a 12:00 horas.

Atletismo/Exhibición de Calistenia na área deportiva Mosteiro (A partir de 6 anos). De 16:30 a 18:00 horas.

Tenis de Mesa no Pavillon de Sobrada (A partir de 10 anos). De 16:30 a 18:00 horas.
  • Domingo 26 de novembro
Piscina en familia.  Piscina Municipal de Vila Nova da Cerveira, ás 11:00 horas.

Pilates en familia. Pavillón de Goián, de 12:30-13:30 horas

DEPORTE ESCOLAR. cAMPO A TRAVÉS

Xa queda moi pouco para comenzar a nova campaña de Deporte Escolar curso 2017/18 co campo a través. Preparade as zapatillas que xa quedan poucos días, este ano iremos a correr o zonal a Salceda de Caselas.
Toda a información  relativa a esta carreira:circuitos, distancias, horarios...poderedelo atopar  neste enlace