Investigamos e aprendemos moitas cousas sobre eles, o seu xeito de vida, a súa fama de astutos... As nenas e os nenos de 5 anos fixemos este pequeno proxecto:
Tamén aprendemos o seu nome en inglés.
As nenas e nenos de 4 anos tamén investigamos sobre os raposos. Aqui está o noso proxecto:
Gracias a tódolos nenos e nenas que coa colaboración das súas familias realizaron estos impresionantes e imaxinativos traballos.A exposición "Solidarios co Planeta" xa está lista para poder visitala.
Achégase o Nadal unha época moi esperada polos nenos e nenas xa que ademáis das vacacións haberá algún agasallo .Aquí atoparedes uns pequenos consellos para escoller un xoguete.
O día 1 de decembro os nenos e nenas do 2º ciclo visitamos o centro interactivo de educación ambiental "NATURNOVA". Por grupos percorremos as diferentes salas: Sala do "Universo", sala "O noso Planeta" e a sala chamada "O home e o seu medio". Tamén entramos nun simulador dun submarino e observamos o fondo da ría de Vigo. De forma lúdica, dinámica e participativa a través de xogos con ordenador, imaxes , maquetas, mapas, cheiros, sons, aprendemos un pouco máis sobre o mundo o que pertencemos .
"Os dereitos humanos son os nosos dereitos. Tomémolos, defendámolos, promovámolos, estendámolos e insistamos neles. Nutrámolos e enriquezámolos. Son o mellor de nós.
Deámoslles vida!!" (Kofi Annan).
Hoxe conmemórase o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola Asemblea Xeral en 1948. Este ano, o tema central é a non discriminación.
A ONU pretendía con esta Declaración Universal sentar as bases dun compromiso ético para obrigar a todos os Estados a cumprir e facer cumprir unha serie de normas. Os Dereitos Humanos sostéñense sobre dous alicerces esenciais da humanidade: a liberdade e a plena igualdade entre todos os seres humanos. Condicións inherentes a todo ser humano sen ningún tipo de limitacións, sexan estas: culturais, económicas, étnicas, sexuais, etc. O concepto de Dereitos Humanos fai referencia ao sentido da dignidade humana antes que a calquera formulación xurídica ou política. Nun principio, a declaración ía ser titulada "os dereitos do home" pero grazas a Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión e feminista, expúxose que o termo excluía ás mulleres e conseguiu que no seu lugar figurase "Dereitos Humanos".
O día 18 de Novembro os nenos e nenas de Infantil fixeron unha visita a INDIANA BILL, o parque de xogos que hai na Ramallosa. Para os de 4 e 5 anos foi unha saída coñecida e moi esperada!!, pero para os de 3 aniños foi a primeira excursión co cole, polo que foi moi especial. Aprenderon a ir en fila pola rúa correctamente, a comportarse no autobús, a disfrutar nun ambiente lúdico cos seus compañeiros..Vamos!, a suar do lindo e a pasalo en grande!
Hoxe conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE e dentro de tres días (o 6 de Decembro), lembramos a aprobación da nosa Constitución, na que os dereitos das persoas con discapacidade están plenamente recoñecidos.
A Constitución é a norma de convivencia pola que debemos guiarnos no noso país. Esta norma toma como referencias a Declaración Universal dos Dereitos do Home e a Declaración Universal dos Dereitos do Neno.
Declaración dos Dereitos do Neno e da Nena:
ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE: Todos os nenos e nenas que sofren algún tipo de discapacidade física, mental ou social deben recibir tratamento, educación e coidado especial, co fin de que poidan integrarse plenamente en sociedade.
Constitución Española:
ARTIGO 14: Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Este curso, en Infantil, comezamos o Taller de Cociña cunha receita sinxela: PASTEIS DE MAZÁ CON CREMA PASTELERA. Cos utensilios e os ingredientes axeitados os máis peques do cole fixeron uns pasteis....Mmmmmm...para chuparse os dedos!!
Pero que cociñeir@s temos en Sobrada!!
Por se vos apetece probar a facelos na casa, aquí deixamos a receita:
1º) PARA A CREMA PASTELERA:
INGREDIENTES: - 1/2 litro de leite - 100 gr. de azucre - 2 ovos - 3 culleradas de maizena - 1 pau de canela PREPARACIÓN: a)Poñer a ferver o leite co pau de canela. Deixar enfriar. b)Nun bol, mesturar o azucre coa maizena. c)Botar os ovos batidos á mezcla anterior e remexer ben. d)Engadir pouco a pouco o leite e continuar remexendo. e)Pasar todo a un cazo e deixar cocer remexendo cunha culler para que no se fagan grumos. Así ata que espese e deixar enfriar.
2º) PARA OS PASTEIS DE MAZÁ:
INGREDIENTES:
- 1 plancha de hoxaldre conxelado - 1/2 litro de crema pastelera - 2 mazás reineta - Marmelada de melocotón ou albaricoque PREPARACIÓN: a)Desconxelar o hoxaldre (1 hora). Con axuda de fariña extender cun rodete o hoxaldre desconxelado. b)Cortar cadrados iguais. c)Cortar para cada cadrado dúas tiras de 2 cm de ancho e poñelas sobre os bordes. Pintalas despois con ovo batido. d)Pelar as mazás e partilas. e)Poñer unha capa de crema pastelera sobre os cadrados de hoxaldre. f)Cubrir a crema coa mazá dun xeito ordenado. g)Meter a bandexa no forno a 200º ata que o hoxaldre estea feito (25 minutos aprox.) h)Sacar os pasteis do forno e cubrilos cun pouco de marmelada.
O día 16 de novembro os alumnos e alumnas do 2º Ciclo fomos ao auditorio do centro Cultural Caixanova a ver unha comedia musical sobre reciclaxe e medio ambiente en língua inglesa a continuación visitamos unha exposición de obras de pintores galegos como Carlos Sobrino, Alfonso Castelao ou Urbano Lugrís.
Este ano nas aulas de Educación Infantil contamos cun Taller de Reciclaxe que está resultando moi divertido. Desta vez fixemos un portalapis usando soamente uns cartóns, anacos de revistas e rolos de papel hixiénico. Agora vainos ser máis sinxelo ter as pinturas recollidas e así sempre saberemos onde están as nosas cores preferidas.
O día 20 de Novembro quedou institucionalizado comoDÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO/A, ouDÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.
Esta foi a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. É unha data que nos fai lembrar que un neno/a non é soamente un ser fráxil que precisa que se lle protexa, senón tamén unha persoa que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido. E é máis! un neno/a é unha persoa que ten o dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Todos os nenos/as teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos, e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos.
A pasada semana, tendo en conta que o 31 de Outubro foi a temida "noite das bruxas", os nenos e nenas trouxeron cabazas decoradas e os "teacher" do cole (mestra Lucía e mestre Domingo) traballaron nas súas clases de inglés a festa de HALLOWEEN!!
Visita o blog da biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Biblioteca Axexo
Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Viaxe ó reinos das emociónns
CEIP DE SOBRADA
DEREITOS DE IMAXE E AUTOR
Se algunha das imaxes, sons ou contidos que aparecen no blogue están suxeitas a dereitos de autor,comuníqueo canto antes e serán eliminadas inmediatamente do blogue.