Visitamos o MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega) e a CITANIA, para coñecer máis aspectos da vida nos castros.
Antes desta actividade, acudimos a uns talleres. Os de 3º a un de olería, no que puidemos realizar unha pequena peza de barro seguindo o xeito de como o facían na antigüidade.
Os de 4º, puidemos aprender como tallaban os bifaces. Observamos como eran moitos dos útiles que empregaban na Prehistoria e puidemos comprobar por nós mesmos como con "sílex" e unha peza de ferro...Saltan chispas!
O monitor, Manolo Ledo, tivo moita paciencia con nós. Case todos fumos intentando sacarlle "lascas" a un seixo. Trouxemos para o cole unha peza biface. Nestes días faremos algún traballiño que temos pensado amosarvos. Ata a próxima!
A continuación podedes ver cómo se construía un utensilio para cortar a carne, a pel...segundo o uso que se lle quería dar tiña unha forma, vedes que non é nada doado!!
COMO SE FAI UN BIFACE
No hay comentarios:
Publicar un comentario