▼
viernes, 21 de diciembre de 2018
VISITA PAPA NOËL
COMO TODOS OS ANOS, PAPÁ NOÉL VOLVEU DE VISITA A SOBRADA.
OS PEQUES DO COLE ENTREGÁRONLLE AS SÚAS CARTAS E GOZAMOS TODOS DA SÚA VISITA
E PARA COMEZAR AS VACACIÓNS DE NADAL E O INVERNO COS BANDULLOS BEN QUENTIÑOS, O ANPA INVITOUNOS A UN RIQUÍSIMO CHOCOLATE.
MOITÍSIMAS GRAZAS
The Cuisines de
OS PEQUES DO COLE ENTREGÁRONLLE AS SÚAS CARTAS E GOZAMOS TODOS DA SÚA VISITA
E PARA COMEZAR AS VACACIÓNS DE NADAL E O INVERNO COS BANDULLOS BEN QUENTIÑOS, O ANPA INVITOUNOS A UN RIQUÍSIMO CHOCOLATE.
MOITÍSIMAS GRAZAS
BOAS VACACIÓNS PARA TODOS E TODAS!!!
VÉMONOS O 8 DE XANEIRO DO 2019
jueves, 20 de diciembre de 2018
VISITA PIRATA PARK INFANTIL
OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, O PASADO DÍA 29 DE NOVEMBRO FUMOS DE EXCURSIÓN A UN PARQUE DE BOLAS: PIRATA PARK DE VIGO, ONDE DISFRUTAMOS MOITOS, XOGAMOS, SALTAMOS, ESCALAMOS, BAILAMOS.... UN DÍA DE XOGOS E DESFRUTE MÁXIMO!!
lunes, 17 de diciembre de 2018
HALLOWEEN POSTERS 1ºB
O alumnado de 1ºB elaborou uns posters de Halloween e presentoullo ó resto da clase.
HALLOWEEN POSTERS 1ºA
O alumnado de 1ºA elaborou uns posters de Halloween e presentounos ó resto da clase.
HALLOWEEN E REALIDADE AUMENTADA
O alumnado de 1º de primaria toma contacto coa realidade aumentada a través da conmemoración de Halloween.
HALLOWEEN E REALIDADE AUMENTADA
O alumnado de infantil de 5 anos toma contacto coa realidade aumentada a través da conmemoración de Halloween.
jueves, 13 de diciembre de 2018
PAIS CONTACONTOS NA AULA DE 4 ANOS
No pasado mes de outubro, na aula de 4 anos tivemos a sorte de contar coa visita de BELÉN e DIEGO, nai e pai de TIAGO,
que viñeron a contar dous contos: "COCORICO" e "CARABUÑAS". Os nenos
disfrutaron moito co ben que o fixeron e ata trouxeron títeres!
MOITÍSIMAS GRAZAS a estes pais por empregar parte do seu tempo en implicarse nestas actividades tan motivadoras para os nenos.
GRAZAS DE CORAZÓN!
lunes, 3 de diciembre de 2018
EXCURSIÓN A VIGO
O xoves 29 de novembro os alumnos/as de 3º e 4º de primaria fomos de excursión a Vigo. Primeiro no teatro de Afundación disfrutamos dun concerto de instrumentos insólitos; quedamos impresionados cunha silla de camping que soaba coma unha frauta ou mesmo unha gaita construida cunha bolsa de aluminio e ventosas...

Logo fomos ó Estadio do Celta, Balaidos. Coñecemos o estadio por fora, gustounos moito a cuberta, semella centos de tobogáns para tirarse por eles. Dentro visitamos o museo oficial do R.C. Celta, alí contáronnos a súa historia dende o inicio e coñecemos a Celestino, a exmascota.
Pasámolo de cine!
Logo fomos ó Estadio do Celta, Balaidos. Coñecemos o estadio por fora, gustounos moito a cuberta, semella centos de tobogáns para tirarse por eles. Dentro visitamos o museo oficial do R.C. Celta, alí contáronnos a súa historia dende o inicio e coñecemos a Celestino, a exmascota.
Tamén
dimos unha volta e vimos o campo onde se xogan os partidos, merendamos
nas gradas e nese momento sorprendeunos ver dous xogadores: Hjulsager, centrocampista e Nestor Araujo, defensa.
Pasámolo de cine!
miércoles, 28 de noviembre de 2018
lunes, 26 de noviembre de 2018
FRUTOS DO OUTONO 5 ANOS
NA AULA DE 5 ANOS FIXEMOS UN OBRADOIRO DE SENTIDOS COS FRUTOS DO OUTONO: TOCÁMOLOS, OLÉMOLOS, SABOREÁMOLOS, VÍMOLOS, NOMEÁMOLOS E FIXEMOS UN XOGO DE ADIVIÑAR. EN DEFINITIVA, PASÁMOLO XENIAL. GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
PINTAMOS AS UÑAS
GRACIAS A MAMÁ DE NAIRA E DE CARLA DA SILVA OS NENOS DE 5 ANOS PINTAMOS AS UÑAS E PASAMOS UNHA XORNADA MOI DIVETIDA, DENDE AQUÍ MOITAS GRACIAS.
jueves, 22 de noviembre de 2018
MAGOSTO
O pasado martes 13 de novembro, celebramos a tradicional festa do Magosto. Aproveitamos o bo clima do día para realizar roteiros preto do centro, a volta degustamos as riquisimas castañas recen asadas. Xuntámonos grandes e pequenos, compartimos momentos e gozamos de diversos xogos tradicionais. Pasámolo xenial!!
lunes, 19 de noviembre de 2018
APLAZADO CAMPO A TRAVÉS DO ROSAL
Informamos de que o cross escolar que estaba anunciado para o día 24 de novembro, queda aprazado en previsión da mala climatoloxía que se espera para este día. Comunicaremos a través do alumnado a nova data na que se celebrará este cross.
O vindeiro sábado celebraremos outra proba de cross desta vez participarán as categorías benxamíns nenos nados no ano 2010 ata a categoría cadete nenos/as nados no ano 2005. Será en Tabagón a ubicación do circuito poderedela atopar na seguinte direción web de agrudebam
CAMPO A TRAVÉS DE GUILLAREI
O pasado 16 de novembro participamos na primeira edición de campo a través por equipos nos niveis de 2º e 3º de primaria.
Guillarei foi o escenario que acolleu ós escolares de Tomiño, Tui e Salceda.
Pola implicación dos nenos e nenas do cole a experiencia foi moi positiva; todos correron con gañas para axudar co seu posto a súa clase e chegaron moi ben situados!. Pronto poderemos consultar as clasificacións finais na páxina web agrudebam.
VIDEO (agrudebam) FOTOS ( agrudebam)
sábado, 17 de noviembre de 2018
A ANPA PINTA O MURO DO COLEXIO
viernes, 9 de noviembre de 2018
10 de novembro: DÍA MUNDIAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO.
As Nacións Unidas designaron este día, para promover que os cidadáns e as cidadás estén informados sobre os avances
científicos, creando sociedades máis sostibles, ao tempo que favorece a comprensión sobre a fraxilidade do planeta no que vivimos.
A ciencia, un dereito humano.
A celebración neste ano 2018 conmemora o 70º aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en concreto, o dereito á ciencia, como se recolle no artigo 27 da declaración, así como a Recomendación sobre a Ciencia e os Investigadores Científicos. Recoñecer que todo o mundo ten dereito a participar da ciencia e a beneficiarse dela servirá para que se inicie un debate sobre os xeitos de mellorar o acceso á ciencia e as súas ventaxas para o desenvolvemento sostible do planeta.
OS NENOS E NENAS E A CIENCIA.
Eles e elas son o noso futuro e, ao mesmo tempo, a poboación máis vulnerable e que require dunha constante atención na súa formación. Que contentos estamos de que gocen da e coa ciencia.
Para saber máis deste día
A ciencia, un dereito humano.
A celebración neste ano 2018 conmemora o 70º aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en concreto, o dereito á ciencia, como se recolle no artigo 27 da declaración, así como a Recomendación sobre a Ciencia e os Investigadores Científicos. Recoñecer que todo o mundo ten dereito a participar da ciencia e a beneficiarse dela servirá para que se inicie un debate sobre os xeitos de mellorar o acceso á ciencia e as súas ventaxas para o desenvolvemento sostible do planeta.
OS NENOS E NENAS E A CIENCIA.
Eles e elas son o noso futuro e, ao mesmo tempo, a poboación máis vulnerable e que require dunha constante atención na súa formación. Que contentos estamos de que gocen da e coa ciencia.
Para saber máis deste día

jueves, 8 de noviembre de 2018
CAMPAMENTO STEM: VIVA A CIENCIA
No colexio estamos moi felices porque os nosos "pequenos-grandes do cole"...OS NENOS E NENAS DE 6º! Están en Santiago de Compostela nun campamento de CIENCIA E TECNOLOXÍA. Está a ser unha grande experiencia para eles e, cando regresen, para nós. Poderán amosarnos todos os coñecementos e habilidades que están a adquirir. UNHA PASADA!
Onte unha das nenas, Natalia, escribíunos unha mensaxe moi fermosa, na que explica con grande emoción o que están a facer. Moitas grazas!
"El Lunes aprendimos
que era la terraformación e hicimos un microscopio y una casa
espacial de botellas y piezas 3D.
El martes diseñamos
piezas 3D para un cohete que lanzaremos el viernes y nos darán
insignias. Por la tarde hicimos un traje espacial.
Hoy miércoles
hicimos electrónica, circuitos eléctricos con plastilina conductiva
hecha por nosotros y la que se compra. También soldamos.
Ahora por la tarde
vamos de excursión a un museo, aunque yo soy la segunda porque hay
unos grupos que se llaman Valentina Tereshkova y Cecilia Payne que
van primeros y después vamos Hipatia y Mae Jamison.
Nos lo estamos
pasando genial.
CHAO SALUDOS DE
TODOS SE DESPIDE NATALIA. "
TERRAFORMACIÓN
DESEÑO E IMPRESIÓN EN 3D
SOLDADURA
MUSEO
lunes, 5 de noviembre de 2018
CABAZAS DE SAMAÍN
NA AULA DE 5 ANOS DE INFANTIL FIXEMOS UNHAS CABAZAS POR EQUIPOS DE MORCEGO. MIRADE QUE CHULAS QUEDARON.
martes, 30 de octubre de 2018
DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO
Ó longo deste mes de outubro, os nenos/as da aula de 4 anos trouxeron distintos FROITOS típicos desta estación: SECOS coma as castañas, as noces, avelás,... e CARNOSOS como as laranxas, uvas, granada,etc.
Tamén observaron e manipularon follas de distintas especies como o carballo, castiñeiro, tamén as landras, piñas, cocas...Fixemos varias DEGUSTACIÓNS de froitos de outono e pasárono en grande! Estaban deliciosos!! Aquí tedes unha proba do que disfrutaron.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR APORTAR TANTOS FROITOS!
miércoles, 5 de septiembre de 2018
lunes, 16 de julio de 2018
lunes, 9 de julio de 2018
ETWINNING 3º DE PRIMARIA
O alumnado de 3º de primaria participous nun proxecto de "Etwinning" chamado "This is where I live" no 2º e 3º trimestre do curso que acaba de rematar con outros colexios de Grecia,Turquía,Italia e Polonia.
Fixeron unha presentación dos países participantes, elaboraron unhas postais de pascua que se mandaron ó resto dos colexios por correo postal, despois déronse a coñecer presentando ós equipos cooperativos nos que traballan diariamente, logo presentaron o seu colexio e por último fixeron unha presentación do sitio en onde vivían, de Galicia.
Estes foron os vídeos elaborados polo noso alumnado.
PARABÉNS POR TODO O ESFORZO!
domingo, 1 de julio de 2018
TALLERES 3º CICLO
º
Un pequeno resumo dos talleres realizados en 5º e 6º de primaria. Taller de cociña, taller de plástica,taller de imaxe e son e taller de robótica.
Visita a Compostela
Visita a Santiago de Compostela do alumnado de 5º e 6º de primaria, en onde visitaron o Parlamento de Galica, a cidade da cultura e a Xunta de Galicia.
THE STORY OF JACK O LANTERN
A historia de Jack'O'Lantern ilustrada e narrada polo alumnado de sexto de primaria.
miércoles, 27 de junio de 2018
DEPORTE ESCOLAR. PROGRAMA XOGADE
Aqui vos deixamos un breve resumo de algnhas das actividades deportivas que se levaron a cabo no terceiro trimestre, dentro do programa xogade. Lembramos que para saber máis das actividades deportivas que se están a desenvolver podedes acceder a páxina web de agrudebam, ahí seguro que atoparas información que buscas...resultados, eventos deportivos da zona, imaxes e vídeos.
Noraboa pola vosa participación e deportividade.
PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA.
Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
ZONAL TENIS DE MESA. Pavillón de Sobrada.
sábado, 23 de junio de 2018
REALIDADE AUMENTADA EN INFANTIL
O alumnado da aula de 5 anos experimentou coa realidade aumentada dentro do seu proxecto cos colexios de Canadá e Nova Zelandia.
viernes, 15 de junio de 2018
jueves, 31 de mayo de 2018
jueves, 12 de abril de 2018
ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXE PROVISIONAL CURSO2018/2019
Esta é a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2018/2019.
O periodo de matricula comenza o 20 de xuño e remata o 30 de xuño