viernes, 22 de marzo de 2013

SAÍDA AO VIVEIRO

O pasado 15 de marzo, os nenos e nenas de 1º ciclo fomos de excursión. Fomos ao VIVEIRO VIDAPLAN. Antes de ir, os nenos e nenas de 1º e 2º Primaria chamaron ao propio viveiro para acordar o día que podiamos e encargar o material para facer a nosa plantación no cole.
Coñeceron o viveiro e mercaron eles mesmos as plantas (alegrías, petunias e xeranios), terra e macetas. Logo, nesta semana fixemos a plantación. No 3º trimestre centrarémonos na observación e rexistro da plantación que fixemos.
Só tedes que ver o vídeo coas fotos da chamada, da saída e da plantación!

VIVEIRO from ceip sobrada on Vimeo.

jueves, 21 de marzo de 2013

RECEITAS CON MILLO: AREPAS

Outra visita que tivemos a sorte de recibir os peques de Infantil foi a de ROBERTO, o papá de ALEXIA, de 4 anos, que viu a facer AREPAS! Trátase dun prato típico de Venezuela: unhas tortas feitas con fariña de millo blanco que están de vicio! Pódense acompañar de fiambre, carne, ensalada...O que queiramos!! Que boa pinta tiñan! Os peques de Infantil non deixaron nin as migas!!!
GRACIÑAS, ROBERTO, POR VIVIR ESTA EXPERIENCIA CON NÓS!

AREPAS from ceip sobrada on Vimeo.

RECEITAS CON MILLO: POLENTA

Neste mes de marzo, como os peques de Infantil estamos estudando o MILLO, recibimos a visita dalgúns familiares que nos veñen a facer receitas con este cereal. O día 8 de marzo viu a mamá de ALBA e IRIA, de 3 e 4 anos respectivamente, a facer unha receita especial: POLENTA: Un prato orixinario do norte de Italia moi difundido na Arxentina. Resultou unha experiencia moi proveitosa para nós xa que moleu o millo na clase e vímolo converterse en fariña! Que maxia! Despois ensinounos os pasos para facer a POLENTA: Unha especie de puré feito con sémola de millo, caldo, tomate e queixo. Estaba riquísimo!!
MIL GRAZAS, ANA, POR ENSINARNOS ESTA RECEITA!

POLENTA from ceip sobrada on Vimeo.

miércoles, 20 de marzo de 2013

PEQUECONTADORES DE HISTORIAS: OS ANIMAIS FANTÁSTICOS


Alejandro Gonzalez Jimenez      
Curso: 5º


Érase unha vez un planeta chamado Mátrix. Tiña moitos animais de distintas especies chamadas: Flores. Esta flor cómese aos invasores e alimenta a outras que viven no país das flores. Golen: Están feitos de neve e se protexen uns a outros do fogo. FuegoLobos: viven no país da neve e se divirten queimando cousas que viven no país do fogo.







Pero un día foron atacados por Tormenta o animal máis perigoso de todos.

E lles dixo: Obedecédeme e non vos pasará nada.
Pero houbo un animal que non lle rendía homenaxe chamado Músculo.

Estes dous; Tormenta e Músculo enfrentáronse e despois dunha feroz loita Músculo conseguiu gañar e recuperar a paz que antes tiñan no seu planeta chamado Mátrix.


AS TRES RATAS E O GATO

Autores: 
Alexia Durán Diz
Christian Macedo Carnero
Andrés García Martínez
Ángel Calzado Barreiro

Érase una vez tres ratas llamadas Andrés, Alexia y Christian. 

Vivían en sus casitas en un callejón. Andrés era el más vago y vivía en una caja de zapatos. Christian no era ni vago ni muy trabajador y vivía  en un agujero que había decorado a su gusto. Alexia era la más trabajadora que vivía en una casita de cartón muy duro que habia echo ella misma. Pero un día las ratas descubrieron que vivía un gato callejero llamado Ángel en el mismo callejón. Las ratas pensaron: "y si nos come, ¿qué haremos?".

Un día alguien tocó a la puerta de Andrés. Era el gato. Andrés le abrió y le dijó el gato: "!te voy a comer!" y entonces él se escapó por un agujero de la caja y corriendo llegó a la casa de Christian . El gato volvió a tocar la puerta, abrieron y les dijo el gato a Christian y a Andrés "!os voy a desayunar con galletas y leche!". Como se asustaron mucho se escaparon por la ventana y fueron a casa de Alexia. Cuando volvió a llamar en la puerta era el gato Ángel. Alexia no le abrió entonces se marchó con la barriga vacía y con las tripas haciendo ruidos muy agudos.  Desde entonces nunca más les volvío a molestar, y vivíeron felices y comieron perdices.




sábado, 16 de marzo de 2013

RESERVA DE PRAZA CURSO 2013-2014

Xa saíu a Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes públicos  que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria e bacherelato.

A reserva de praza será do 18 ó 22 de marzo.

Aquí podedes ver o CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN ( Facede clic enriba del para velo mellor )

Se facedes clic en IMPRESO DE SOLICITUDE poderedes descargar o documento que hai que entregar no centro. Este impreso tamén estará dispoñible nos centros educativos.
Lembrarvos o horario da Secretaría do Centro:

LUNS     de 9 a 9:50 horas
MARTES de 9 a 9:50 horas
XOVES  de 13:10 a 14 horas
VENRES de 13:10 a 14 horas

CARREIRA SOLIDARIA

Esta foi a cantidade que a comunidade educativa do noso centro aportou para axudar ó pobo saharaui.


viernes, 15 de marzo de 2013

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES

En 1983 a ONU instaurou o 15 de marzo como o "Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores", para lembrar os dereitos que asisten a todas as persoas como usuarios e consumidores.
Este día xorde como unha iniciativa ó Movemento Internacional dos Consumidores, lembrando o histórico discurso sobre os dereitos dos consumidores que pronunciou o expresidente dos Estados Unidos, John F. Kennedy ante o congreso dese país no ano 1963.
Con esta declaración recoñécense estos dereitos a nivel internacional, ainda que a Constitución Española xa  establecera no artigo 51 da Constitución de 1978, a defensa dos dereitos dos consumidores.
Aquí en Galicia existe o Instituto Galego de Consumo ( IGC ), que é o que se encarga de defender os dereitos do consumidores galegos.


lunes, 11 de marzo de 2013

CAS MANS NA TERRA


CAS MANS NA TERRA - foto montaje

Despois de ter visitado o Viveiro Vidaplan tivemos ocasión de plantar cas nosas propias mans tomillo, orégano, menta, menta-chocolate e outras moitas plantas aromáticas. Cada neno e cada nena escolleu unha plantiña que teremos que coidar nas nosas aulas e que ao final de curso levaremos para cadansúas casas. 

VISITA AO VIVEIRO VIDAPLAN


VISITA AO VIVEIRO VIDAPLAN - foto montaje

Os nenos e nenas de Infantil fixemos unha excursión ao Viveiro Vidaplan que se atopa preto do noso colexio. 

O día non podía estar mellor para facer esta excursión, xa que tivemos un día soleado, que nos permitiu ir andando dende o noso cole ata o viveiro. 

Á nosa chegada nos atendeu José, explicounos que o tipo de plantas que cultivan é planta ornamental, despois mostrounos todas as naves e nos foi explicando os tipos de rego, os nomes das plantas, como ventila e abrigan,  como se lle dá o abono...

En fin, que aprendemos moito e todavía nos quedaba a actividade que fixemos ao día seguinte.

domingo, 10 de marzo de 2013

EXCURSIÓN DE COMPRAS POR TUI


VISITAMOS O FROIZ - foto montaje

As nenas e nenos de infantil fixemos unha excursión a Tui e visitamos o Froiz e máis o Mercado Municipal. No Froiz nos explicaron todos os espazos nos teñen dividida a tenda: pescadería, carnicería, charcutería, frutería, panadería e pastelería, así como a colocación dos productos nas diferentes estanterías. Despois de ter disfrutado moito coa visita ao Froiz, onde nos atenderon de maravilla, fumos dando un paseo ata chegar ao Mercado Municipal de Tui, e alí puidemos ver moitas carnicerías, pescaderías, fruterías....

jueves, 7 de marzo de 2013

HIDROFÚTBOL

DANIEL GONZÁLEZ ÁLVAREZ

XOVES, 7 DE MARZO DE 2013

ACTIVIDADE: PREFIXO E SUFIXO ARBITRARIO

Hai uns anos, había un neno en Sobrada que lle gustaba moito xogar ao hidrofútbol. O neno chamábase Daniel. Vivía nunha sochoza moi fea porque tiña moi pouco espazo.  

Un día os seus pais Daniel e Sonia, como Dani aprobou todas as asignatura no hidrocolexio lle dixeron: “Moi ben podes ir ao F.C.Barcelona do hidrofútbol”. El só pensou… “serei o mellor xogador de hidrofútbol do mundo”. Antes de que chegara o seu primer partido creou unhas botas de hidrofútbol chulísimas, as chamou Messidroide, pero… cando chegou o hidropartido as botas estropeáronse e caiuse, pero por supersorte o seu entrenador Tito Vilanova tiña as botas chamadas Messi3000 e xogou xenial foi o mellor xogador do partido, preguntoulle cunha cariña triste ao seu entrenador se llas regalaba e el dixolle: “se sigues así de ben poderás quedarte con elas”.  

Aos seus pais lles gustou moito a actitude do seu entrenador e entón preguntáronlle a Dani: “ao final gustóuche o equipo eh?” e o neno respondéulles: pois claro que sí”. Desde ese momento chamáronlle o superohidrofutbolero.




O TESOURO PERDIDO

ALEXIA DURÁN DIZ
MÉRCORES, 6 DE MARZO DE 2013

ACTIVIDADE: PREFIXO ARBITRARIO

Erase unha vez unha nena chamada Elisa á que lle gustaban moito as aventuras. Era unha rapaza de altura media co pelo castaño.


Nun día subsoleado no mes de xullo do 2004 ás cinco da madrugada, Elisa espertou, vestiuse, calzouse e colleu a súa mochila azul con debuxos de animais. Baixou as escaleiras, saliu pola porta e foise correndo antes de que os seus pais se espertasen e se enfadasen con ela. Chegou ata unha parada de bus, parouse e colleu rumbo á illa deserta e despois de tres días chegou á illa. Parecía que se coñecía a illa enteira de palmo a palmo. Cruzou o bosque e atopou unha cova, sacou a súa mochila unha lanterna e dixo "imos alá". Entrou correndo na cova ata a saída e ao sair chegou a un coliseo casi destruido. Entrou e viu que era grandísimo onde lle esperaba unha amiga moi mona chamada Desta.


Despois comezaron a excavar durante dúas horas e media, pero non atoparon nada e o intentaron noutro sitio durante outras agotadoras dúas horas, pero nesta ocasión sí atoparon algo e ela dixo: "que será iso?" o sacaron e viron que era  un gran tesouro. Elisa púxolle o nome ao tesouro: "O tesouro da illa deserta". Despois foise a súa casa con Desta e o tesouro donouno a unha fundación chamada Cruz Vermella e dende ese momento quedouse moi feliz na súa casa ca súa familia e Desta, a mona.

miércoles, 6 de marzo de 2013

TEATRO CAIXANOVA HAPPY EVER AFTER

Os nenos e nenas de 1º ciclo fomos de excursión o pasado día 5 de marzo a Vigo. Saímos ás 10.30 horas do cole. Ao chegar, xogamos un pouco na alameda e logo, disfrutamos da obra de teatro HAPPY EVER AFTER. Esta obra está ambientada nos contos clásicos, na que un Príncipe busca unha princesa para casar e atópase con Branca Neves, Rapunzel e ademais cunha malvada bruxa. Os nen@s disfrutaron moitísimo, incluso Uxía e Santi tiveron a oportunidade de subir ao escenario cos artistas da obra, facendo o papel dos sete ananos xunto con outors nen@s doutros coles. Os artistas da obra fomentaron a participación dos nen@s a través da lingua inglesa, ademais de disfrutar do propio teatro.

teatro caixanova from ceip sobrada on Vimeo.

PRIMEIRA PEQUEHISTORIA DO PROA LINGUA

Miguel Galloso González e Jorge Martínez Mariño (Grupo de 5º)

ACTIVIDADE DE LENGUA: PREFIXO ARBITRARIO

Mércores 6 de marzo 2013

    Hai moito, moito tempo había en Xapón un neno ao que lle gustaba moito o contrafútbol. Este neno chamábase Nacaragua. 
    Vivía nunha arquicasa moi chula, ata que un día no seu corpo sucedeu algo moi raro. Pensou que se tiña convertido nun superfutbolista intergaláctico e tivo unha boa idea: “Poderíame volver o mellor contrafutbolista do mundo se fose ao espazo”
    Dez anos despois da maravillosa idea que tivo decidiu ir xogar ao espazo contra os mellores xogadores intergalácticos
    Xogou contra eles e quedaron empatados. O equipo intergaláctico de Nacaragua quedaron 4 a 4 e o equipo de David quedaron empates contra o equipo de Nacaragua. E despois do partido o equipo de David e o de Nacaragua ao chegar á terra formaron o equipo de Nadivusu e gañaron en todos os campionatos e torneos nos que competiron. 
   Eran os supermixmellores!!.

martes, 5 de marzo de 2013

CONCURSO ECOVOZ


ECOVOZ from ceip sobrada on Vimeo. Alumn@s de 6º fomos a concursar a Radiovoz Vigo. Fixéronnos preguntas sobre coñecemento do medio e competimos contra o colexio Fogar de Carballo.Ó final tivemos sorte e clasificámonos para os cuartos de final. Esperemos que teñamos a mesma sorte.