sábado, 29 de mayo de 2010

WEATHER & HOBBIES

O alumnado de 2º A ilustra o que máis lle gusta facer cando fai o seu tempo atmosférico favorito, poñendolle son ás imaxes.

domingo, 23 de mayo de 2010

ILDA, O LOBO, O CORZO E O XABARÍN

Aquí vos deixamos unha particular versión, feita por nen@s de infantil, dun conto de Uxío Novoneyra que estivemos a traballar na aula: "ILDA, O LOBO, O CORZO E O XABARÍN".
O conto elaborouse cos debuxos dos nenos sobre imaxes do Courel, terra na que está ambientado e que inspirou a Novoneyra nas súas obras.
Se ollades o video poderedes escoitar aos propios nen@s contarvos o conto coas súas voces.
Fixérono moi ben!

viernes, 21 de mayo de 2010

DÍA DO LIBRO

Con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, o 23 de Abril leváronse a cabo distintas actividades na biblioteca do cole para todo o alumnado. Dende Infantil ata 3º ciclo, os nen@s puideron disfrutar da maxia que habita nos contos e nas poesías do autor homenaxeado no día das Letras Galegas: UXÍO NOVONEYRA. Foi unha xornada moi divertida na que os nen@s escoitaron contos relatados polos seus mestres e tiveron que atopar poesías agachadas nos recantos da biblioteca, leelas, interpretalas e estudialas.
Aquí tedes un resumo do ben que o pasamos no Día do Libro:

jueves, 20 de mayo de 2010

DEGUSTACIÓN DE INFUSIÓNS

Con motivo da plantación de varias especies de prantas medicinais no noso colexio, organizouse unha degustación de infusións. Foi todo un éxito xa que algunhas das infusións preparadas esgotáronse prontiño..Mmmmm!!!

jueves, 13 de mayo de 2010

WEATHER AND HOBBIES


O alumnado de 2ºB ilustra o que máis lle gusta facer cando fai o seu tempo atmosférico favorito.

martes, 11 de mayo de 2010

DE RUTA POLOS MUIÑOS DO FOLÓN-PICÓN

Traballo feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática. Tema: "visita ós muiños do Folón e Picón" no outono do 2009.

lunes, 10 de mayo de 2010

UNHA DIVERTIDA XORNADA COS NEN@S DO CRA!

O día 29 de Abril as nenas e nenos de Infantil fixémoslles unha visita ós nen@s do Cra de Tomiño. Había nen@s de Amorín, Taborda, Carregal, Piñeiro.. Xuntámonos unha boa tropa! Pasamos a mañá na Escola Unitaria de Amorín onde nos recibiron cos brazos abertos e cun montón de actividades que nos gustaron moitísimo e xa estamos desexando repetir!!


GRACIAS , nen@s e mestras do CRA MESTRE MANUEL GARCÉS por tratarnos tan ben!

domingo, 9 de mayo de 2010

9 DE MAIO: DÍA MUNDIAL DAS AVES MIGRATORIAS

O Día Mundial das Aves Migratorias é celebrando anualmente o 9 de maio e ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de protexer ás aves migratorias e os seus hábitats en todo o mundo.


A principal razón para a migración das aves ten que ver co cambio das estacións e a busca de alimento. A partires da mesma, conéctanse ecosistemas, pobos e culturas. Moitas especies de aves fan movementos previsibles e regulares que implican a poboacións enteiras. Por exemplo, existen aves que nidifican no hemisferio norte e unha vez rematada a nidificación, abandoan os seus centros reproductivos, como parte do seu ciclo natural de vida, para desplazarse a zonas menos frías e con maiores recursos alimenticios. Este periodo alóngase de 4 a 6 meses para despois reiniciar a súa volta.

LETRAS GALEGAS 2.010: UXÍO NOVONEYRA

A Real Academia Galega decidiu adicar o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galgas 2010, ao poeta UXÍO NOVONEYRA (Parada do Courel 1930 - Santiago de Compostela 1999).
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular.
Con todo é, ao mesmo tempo, vangardista. Fillo de labradores, naceu na montaña lucense, en Parada do Caurel en 1930, e adicou a súa obra a inmortalizar a bela paisaxe da serra. Vinculado tamén ás vangardas, na súa obra destaca o lirismo da palabra.
De estudante en Lugo, coñeceu a Manuel María e ambos frecuentaron o trato de intelectuais da anterior xeración, como Luís Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro.
Con 19 anos, Novoneyra trasladouse a Madrid, onde se matriculou na facultade de Filosofía e Letras e regresou en 1951 para facer o servizo militar. Entre 1953 e 1962 volveu vivir en O Courel, obrigado por unha pleuresía que o tivo ao bordo da morte.
En 1973 casou con Elba Rei, coa que tivo tres fillos que residían entre O Courel e Lugo, para instalarse definitivamente en Santiago en 1983. O poeta foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupou até a súa morte, en outubro de 1999.

Entre as súas obras destacan: "Os Eidos", "Do Courel a Compostela", "O cubil do xabarín", "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín".
Para saber máis da súa vida e obra pincha na súa foto e accederás á súa páxina web.

O COUREL, TERRA DE UXÍO NOVONEYRA


VIDA E OBRA DO POETA

Páxina sobre o Courel:
SERRA DO COUREL
Páxina de materiais para traballar na aula:

sábado, 8 de mayo de 2010

Taller de reciclaxe: Tartarugas

No taller de reciclaxe experimentamos cun novo material, aínda que moi coñecido: quen non estoupou algunha vez as burbullas dos plásticos de embalar? Pois si, iso tamén o fixemos nós.
A maiores de entretérmonos co plástico, fixemos unha tartaruga. Velaí o proceso creativo.


viernes, 7 de mayo de 2010

UNHA VISITA INESPERADA DUN....

http://www.yaves.eshttp://www.yaves.eshttp://www.yaves.eshttp://www.yaves.eshttp://www.yaves.eshttp://www.yaves.eshttp://www.yaves.es


Sííí! Parece que temos un amiguiño rondando polo noso patio: un lagarto. Mirade que cores tan bonitas ten e que grande é! Os nen@s de infantil quedaron abraiados e ledos de poder ter visitas coma esta! Isto nas cidades non pasa!

SAÍDA AO VIVEIRO DE AREAS

O pasado día 7 de Abril os nen@s de Infantil fomos de excursión ao PARQUE FORESTAL DE AREAS. Foi unha saída moi proveitosa e divertida. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos.



Mirade canto aprendimos sobre as pegadas dos paxaros que habitan no viveiro:

jueves, 6 de mayo de 2010

XORNADA DE ATLETISMO, NATACIÓN E CICLISMO

Xa se está convertindo nuha xornada clásica no calendario escolar, moi completa xa que un equipo de 12 xogadores ten que abarcar as probas de atletismo, natación e ciclismo.
No vídeo facilitado pola agrupación deportiva AGRUDEBAM podedes ver unha mostra de todas estas actividades.Os resultados destas probas así como outros eventos deportivos os podedes ver na páxina web de agrudebam.


martes, 4 de mayo de 2010

XORNADAS DE DINAMIZACIÓN

Durante o curso estamos levando a cabo unhas xornadas de dinamización entre centros no que participamos en varios deportes nunha mesma xornada. Nestas xornadas os nenos facemos de "adestradores" organizamos cambios, somos anotadores, árbritos ademáis claro está, que tamén xogamos que é o máis divertido e que sabe a pouco.
De cada vez vai un curso do cole ao completo polo que as veces hai que esperar moito para a seguinte xornada.
Para nós os de 6º é o último ano de multideporte polo que desearíamos que no instituto se animen a participar.